Libro Primeiro das Crónicas
8 1 Benxamín enxendrou a Bela, seu primoxénito, a Axbel, o segundo; a Ahrah, o terceiro; 2 a Nohah, o cuarto, e a Rafá, o quinto. 3 Fillos de Bela: Adar, Guerá, pai de Ehud, 4 Abixúah, Naamán, Ahóah, 5 Guerá, Xefufán e Huram. 6 Ei-los fillos de Ehud, que eran xefes de familias entre os habitantes de Gueba e foron deportados a Manáhat: 7 Naamán, Ahías e Guerá. Este foi quen os deportou e enxendrou a Uzá e Ahihud.
8 Saharaim enxendrou fillos na terra de Moab despois de deixa-las súas mulleres Huxim e Bará. 9 E da súa nova muller tivo: Iobab, Sibiá, Mexá, Malcam, 10 Ieús, Saquías e Mirmah. Estes son os seus fillos, xefes de familia. 11 De Hixim tivo: Abitub e Elpáal. 12 Fillos de Elpáal: Héber, Mixam e Xémed, que edificou Onó, Lod e as cidades da súa dependencia. 13 Berías e Xemá, que eran xefes de familia entre os habitantes de Aialón, fixeron fuxir ós habitantes de Gat.
14 Ahío, Xaxac, Ieremot, 15 Zebadías, Arad, Éder, 16 Micael, Ixpah e Iohá, fillos de Berías. 17 Zebadías, Mexulam, Nizquí, Héber, 18 Hixmerai, Izliá e Iobab eran fillos de Elpáal. 19 Iaquim, Zicrí, Zabdí, 20 Elienai, Siltai, Eliel, 21 Adaías, Beraías e Ximrat, eran fillos de Ximí. 22 Ixpán, Héber, Eliel, 23 Abdón, Zicrí, Hanán, 24 Ananías, Elam, Antotías, 25 Ifdías e Penuel eran fillos de Xaxac. 26 Xamxerai, Seharías, Atalías, 27 Iarexías, Elías e Zicrí eran fillos de Ieroham.
28 Estes eran xefes de familia, segundo as súas liñaxes. Habitaban en Xerusalén.
29 O pai de Gabaón habitaba en Gabaón. O nome da súa muller foi Macah. 30 Seu primoxénito era Abdón; despois, Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab, 31 Guedor, Ahió, Zéquer e Miclot. 32 Miclot enxendrou a Ximah. Estes habitaron tamén con seus irmáns en Xerusalén. 33 Ner enxendrou a Quix; Quix enxendrou a Xaúl, Xaúl enxendrou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal. 34 Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal enxendrou a Micah. 35 Fillos de Micah: Pitón, Mélec, Tarea de Ahaz. 36 Ahaz enxendrou a Iehoiadah, Iehoiadah enxendrou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí enxendrou a Mosá, 37 Mosá enxendrou a Biná, pai de Rafá, pai de Elasah, pai de Asel; 38 Asel tivo seis fillos: Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes foron fillos de Asel. 39 Os fillos de Éxec, seu irmán: Ulam, o primoxénito; Iehux, o segundo; Elifélet, o terceiro. 40 Os fillos de Ulam eran fortes, guerreiros e arqueiros. Tiveron moitos fillos e netos, cento cincuenta en total. Todos estes son fillos de Benxamín.