Os Salmos
(81:1) Do mestre do coro, coa cítola de Gat. De Asaf.
81 (81:2) Cantade a Deus, a nosa forza,
aclamade ó Deus de Israel;
2 (81:3) pulsade o salterio, tocade o pandeiro,
a donda cítara e a harpa.
3 (81:4) Tocade a trompeta na lúa nova,
na lúa chea, no día da festa.
4 (81:5) Para Israel isto é unha lei,
un precepto do Deus de Xacob.
5 (81:6) Impúxollo por lei a Xosé,
cando saíu da terra de Exipto.
7 (81:8) No apreto chamáchesme e libreite,
respondinche agachado entre trebóns,
púxente a proba nas augas de Meribah.
8 (81:9) Oe, meu pobo, que quero avisarte,
escóitame ben, Israel.
9 (81:10) —“Non terás contigo un deus estraño,
non adorarás un deus alleo.
10 (81:11) Eu son o Señor, o teu Deus,
quen te sacou da terra de Exipto:
abre a túa boca, que eu a encherei”.
11 (81:12) Pero o meu pobo non escoitou a miña voz,
Israel non quixo nada de min.
12 (81:13) E deixeinos á súa teima,
que fixesen ó seu xeito.
13 (81:14) ¡Ai, se o meu pobo me escoitase,
se Israel seguise o meu camiño!
14 (81:15) Abateríalle nun intre os inimigos,
volvería a miña man contra os opresores.
15 (81:16) Os que aborrecen ó Señor, adularíano,
e a súa sorte sería duradeira.
16 (81:17) Manteríao con flor de trigo,
con mel bravo o fartaría.