BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • es25 páxs. 37-46
  • Abril

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Abril
  • Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
  • Subtítulos
  • Martes 1 de abril
  • Mércores 2 de abril
  • Xoves 3 de abril
  • Venres 4 de abril
  • Sábado 5 de abril
  • Domingo 6 de abril
  • Luns 7 de abril
  • Martes 8 de abril
  • Mércores 9 de abril
  • Xoves 10 de abril
  • Venres 11 de abril
  • DÍA DA CONMEMORACIÓN
    Despois da posta do Sol
    Sábado 12 de abril
  • Domingo 13 de abril
  • Luns 14 de abril
  • Martes 15 de abril
  • Mércores 16 de abril
  • Xoves 17 de abril
  • Venres 18 de abril
  • Sábado 19 de abril
  • Domingo 20 de abril
  • Luns 21 de abril
  • Martes 22 de abril
  • Mércores 23 de abril
  • Xoves 24 de abril
  • Venres 25 de abril
  • Sábado 26 de abril
  • Domingo 27 de abril
  • Luns 28 de abril
  • Martes 29 de abril
  • Mércores 30 de abril
Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
es25 páxs. 37-46

Abril

Martes 1 de abril

Que é isto que me fixeches? Por que me enganaches? (Xén. 29:25).

Na Biblia encontramos exemplos de servos de Xehová que pasaron por problemas que non esperaban. Pensa en Xacob. Seu pai mandoulle que casase cunha das fillas de Labán, un familiar que tamén adoraba a Xehová. E aseguroulle que Deus lle daría moitas bendicións (Xén. 28:1-4). Así que Xacob fixo o correcto e obedeceu. Deixou atrás a terra de Canaán e viaxou ata a casa de Labán, que tiña dúas fillas: Lea e Raquel. Xacob enamorouse de Raquel, a filla máis nova de Labán, e aceptou traballar para el sete anos antes de poder casar con ela (Xén. 29:18). Pero as cousas non saíron como el esperaba. Labán enganouno para que casase con Lea, a súa filla máis vella. É certo que lle deixou casar con Raquel unha semana despois, pero só a cambio de traballar para el sete anos máis (Xén. 29:26, 27). Ademais, Labán tamén foi inxusto nos negocios que fixo con Xacob. Ó final, Labán explotou a Xacob durante máis de 20 anos! (Xén. 31:41, 42). w23.04 páx. 15 par. 5

Mércores 2 de abril

Desafoga diante del o corazón (Sal. 62:9 [62:8, TNM]).

A quen podemos acudir cando necesitamos consolo e guía? Como ben sabemos, podemos orarlle a Xehová para acercarnos a el. De feito, el quere que o fagamos e por iso nos fai a seguinte invitación: “Orade constantemente”, é dicir, con frecuencia (1 Tes. 5:17). Temos a tranquilidade de que podemos orarlle e pedirlle a súa guía para tódolos aspectos da nosa vida (Prov. 3:5, 6). Como é un Deus tan xeneroso, dinos que podemos orarlle tantas veces como queiramos. Xesús aprendeu que as nosas oracións son moi importantes para Xehová. Moito antes de vir á Terra, puido ver que seu Pai contestaba as oracións dos seus servos fieis. Por exemplo, estaba ó lado de Xehová cando El contestou as oracións sinceras de Ana, David e Elías, entre outros (1 Sam. 1:10, 11, 20; 1 Reis 19:4-6; Sal. 32:5). Por iso non nos sorprende que lles ensinase ós seus discípulos a orar con frecuencia e con confianza (Mat. 7:7-11). w23.05 páx. 2 pars. 1, 3

Xoves 3 de abril

Tremer diante dos homes é unha trampa, pero o que confía en Xehová vai ser protexido (Prov. 29:25).

O sumo sacerdote Iehoiadá temía a Xehová. Isto quedou demostrado cando Atalía, a filla de Iezabel, se apoderou ilegalmente do reino de Xudá. Esta muller era tan cruel e desexaba tanto ter poder que intentou matar toda a liñaxe real, incluso os seus propios netos! (2 Crón. 22:10, 11) Un destes neniños foi Ioax, que sobreviviu grazas a que Ioxeba, a muller de Iehoiadá o rescatou. Ela e o seu home esconderon o neno e coidaron del. Desta forma, aseguráronse de que alguén da liñaxe de David sobrevivise e puidese chegar a ser rei. Iehoiadá mantívose leal a Xehová e non deixou que o medo a Atalía lle impedise facer o correcto. Cando Ioax tiña 7 anos, Iehoiadá volveu a demostrar a súa lealdade a Xehová. Ideou un plan. Se tiña éxito, Ioax chegaría a ser rei como lexítimo herdeiro de David. Pero, se fracasaba, probablemente Iehoiadá perdería a vida. Grazas á bendición de Xehová o plan tivo éxito. w23.06 páx. 17 pars. 12, 13

Venres 4 de abril

Ata que recoñezas que o Altísimo domina sobre a realeza dos homes e lla dá a quen El quere (Dan. 4:22 [4:25, TNM]).

O rei Nabucodonosor podía pensar que Daniel se estaba rebelando contra el e mandar que o matasen. Pero el foi valente e, a pesar do perigo, explicoulle ó rei o significado do soño. Que lle puido axudar a Daniel a ser valente ó longo da súa vida? Seguro que aprendeu moito do bo exemplo que lle deron seus pais (Deut. 6:6-9). Daniel non só tiña un coñecemento básico da Lei, como por exemplo os Dez Mandamentos, senón que tamén sabía moitos detalles sobre os alimentos que os israelitas podían comer e os que non (Lev.11:4-8; Dan. 1:8, 11-13). Tamén aprendera a historia do pobo de Deus e sabía ben cales eran as consecuencias de desobedecer a Xehová (Dan. 9:10, 11). Tódalas experiencias que tivo ó longo da súa vida ensináronlle a confiar en que Xehová e os seus poderosos anxos podían axudalo en calquera circunstancia (Dan. 2:19-24; 10:12, 18, 19). w23.08 páx. 3 pars. 5, 6

Sábado 5 de abril

A Sabedoría vai cos modestos (Prov. 11:2).

Rebeca era unha muller intelixente e decidida que ó longo da súa vida tomou a iniciativa de maneiras apropiadas (Xén. 24:58; 27:5-17). Ademais, era respectuosa e submisa (Xén. 24:17, 18, 65). Igual ca Rebeca, se ti tamén apoias con humildade a quen Xehová lle deu autoridade serás un bo exemplo para os demais membros da túa familia e tamén na congregación. Unha calidade que necesitan tódalas cristiás é a modestia. Ester foi unha serva de Deus que demostrou esta calidade. Grazas a que foi modesta, non se volveu altiva cando a fixeron raíña. Ademais, escoitou e obedeceu o consello que lle deu seu primo maior, Mardoqueo (Est. 2:10, 20, 22). Ti tamén podes demostrar que es modesta se pides que che dean bos consellos e os aplicas (Tito 2:3-5). Ester tamén demostrou modestia doutra maneira. Ela era unha muller “de fermosa figura e belida presencia” pero, aínda así, non trataba de ser o centro de atención (Est. 2:7, 15). w23.12 páxs. 19-20 pars. 6-8

Domingo 6 de abril

Deus é meirande có noso corazón e coñece todo (1 Xoán 3:20).

Os sentimentos de culpa excesivos son unha carga demasiado pesada de levar. Se confesamos o noso pecado, nos arrepentimos e demos os pasos necesarios para evitar repetilo, podemos confiar en que Xehová nos perdoou (Feit. 3:19). Unha vez que demos estes pasos, El non quere que nos sigamos sentindo culpables, xa que sabe canto dano podería causarnos isto (Sal. 31:11 [31:10, TNM]). Se nos sentimos demasiado tristes, quizais nos rendamos na nosa carreira pola vida (2 Cor. 2:7). Se nos seguimos sentindo culpables, centrémonos en que Xehová nos perdoa (Sal. 130:4). De feito, falando dos que se arrepinten sinceramente, el promete: “Xa non me lembrarei máis dos seus pecados” (Xer. 31:34). Iso significa que, cando Xehová perdoa, non pensa máis nos erros que cometiches e non chos ten en conta. Non te castigues a ti mesmo se, por algún erro do pasado, de momento non podes facer todo o que che gustaría no servizo a Xehová. El non segue pensando nas túas faltas, e ti tampouco deberías facelo. w23.08 páxs. 30-31 pars. 14, 15

Luns 7 de abril

Mantédevos firmes e inabalables (1 Cor. 15:58).

Durante a pandemia da COVID-19 as testemuñas de Xehová que escoitaron a guía que deu a organización evitaron a ansiedade innecesaria que si tiveron as persoas que lle prestaron atención á información enganosa (Mat. 24:45). Non debemos perder de vista as cousas “máis importantes” (Filip. 1:9, 10, TNM). As distraccións poden quitarnos moito tempo e enerxías que poderiamos dedicarlles ás cousas que realmente son de proveito. Asuntos do día a día como a comida, a bebida, a diversión e o traballo poden chegar a ser distraccións se permitimos que sexan o centro da nosa vida (Luc. 21:34, 35). Ademais, cada día bombardéannos con noticias sobre protestas sociais e debates políticos. Pero, non podemos permitir que estas cousas nos distraian porque, se o facemos, poderiamos empezar a posicionarnos no noso interior a favor dalgún dos bandos. O Demo utiliza diferentes tácticas co obxectivo de debilitar a nosa determinación de facer o que está ben. w23.07 páxs. 16-17 pars. 12, 13

Martes 8 de abril

Seguide facendo isto en memoria de min (Luc. 22:19).

Para os servos de Xehová, o día da Conmemoración da Morte de Cristo é o máis importante do ano. Este é o único evento que Xesús lles pediu especificamente ós seus seguidores que celebrasen (Luc. 22:19, 20). A Conmemoración recórdanos maneiras nas que podemos demostrar canto agradecemos o sacrificio de Xesús (2 Cor. 5:14, 15). Tamén nos dá a oportunidade de estar cos nosos irmáns “para nos animar mutuamente” (Rom. 1:12). E moitas persoas interesadas quedan tan impresionadas co que ven e escoitan neste evento que empezan a estudar a Biblia. Pensa tamén en como a Conmemoración une o pobo de Xehová arredor do mundo. Todo isto fai que a Conmemoración sexa moi especial para nós. w24.01 páx. 8 pars. 1-3

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 9 de nisán) Lucas 19:29-44

Mércores 9 de abril

De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna (Xoán 3:16).

Canto máis meditemos no prezo que estiveron dispostos a pagar Xehová e Xesús, máis entenderemos o moito que nos queren a cada un de nós (Gál. 2:20). O rescate é un regalo feito por amor. Xehová demostrou canto nos quere sacrificando o máis valioso para el, a Xesús. Permitiu que o seu Fillo sufrise e morrese por nós. Xehová non oculta os seus sentimentos, senón que os expresa con cariño (Xer. 31:3). Como nos quere moito, acercounos a el (compara con Deuteronomio 7:7, 8). Nada nin ninguén pode separarnos do amor de Xehová (Rom. 8:38, 39). Como te fai sentir isto a ti? w24.01 páx. 28 pars. 10, 11

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 10 de nisán) Lucas 19:45-48; Mateo 21:18, 19; 21:12, 13

Xoves 10 de abril

Coa esperanza de que a creación será liberada (Rom. 8:20, 21).

Os cristiáns unxidos valoran moito a súa esperanza de ir ó ceo. O irmán Frederick Franz, quen forma parte deste grupo, falou dela da seguinte maneira: “A nosa esperanza é segura e cumprirase por completo no caso de todos e cada un dos 144.000 membros do rabaño pequeno. Será aínda moito mellor do que imaxinamos”. O irmán Franz dixo no ano 1991: “Aínda valoramos moito a nosa esperanza. [...] Canto máis temos que agardar por ela, máis a apreciamos. É algo polo que vale a pena esperar. [...] Incluso a valoro máis ca antes”. Sexa que esperemos vivir para sempre no ceo ou na terra, temos moitos motivos para estar contentos. Pero, a nosa esperanza pode facerse aínda máis forte. w23.12 páxs. 9-10 pars. 6-8

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 11 de nisán) Lucas 20:1-47

Venres 11 de abril

Resulta imposible que o sangue de touros e de cabras quite os pecados (Heb. 10:4).

Fóra da entrada do antigo tabernáculo había un altar de cobre no que se ofrecían sacrificios animais a Xehová (Éx. 27:1, 2, TNM; 40:29). Pero estes sacrificios non lle daban ó pobo o perdón completo dos pecados (Heb. 10:1-3). Os sacrificios animais que se ofrecían continuamente no tabernáculo representaban o único sacrificio que limparía os humanos por completo do pecado. Xesús sabía que Xehová o enviara á Terra para ofrecer a súa vida humana como sacrificio de rescate pola humanidade (Mat. 20:28). Por iso, no seu bautismo, Xesús presentouse para facer o que Xehová quería (Xoán 6:38; Gál. 1:4). Xesús deu a súa vida unha vez “e para sempre” para redimir, ou cubrir, permanentemente os pecados de todo o que poña fe en Cristo (Heb. 10:5-7, 10). w23.10 páxs. 26-27 pars. 10, 11

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 12 de nisán) Lucas 22:1-6; Marcos 14:1, 2, 10, 11

DÍA DA CONMEMORACIÓN
Despois da posta do Sol
Sábado 12 de abril

O regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor (Rom. 6:23).

Por nós mesmos nunca poderiamos quedar libres do pecado e da morte (Sal. 49:8, 9 [49:7, 8, TNM]). Xehová fixo os preparativos para que o seu querido Fillo dese a vida por nós. Isto supuxo un enorme sacrificio para os dous. Canto máis meditemos no que eles estiveron dispostos a facer, máis valoraremos o rescate. Ó pecar Adán, tanto el coma tódolos seus fillos perderon a oportunidade de vivir para sempre. Para recuperar o que Adán perdera, Xesús deu a súa vida perfecta como sacrificio. Durante toda a súa vida na Terra, Xesús “non fixo pecado, nin engano se atopou na súa boca” (1 Ped. 2:22). No momento que morreu, a vida perfecta de Xesús correspondía exactamente á vida que perdera Adán (1 Cor. 15:45; 1 Tim. 2:6). w24.01 páx. 10 pars. 5, 6

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 13 de nisán) Lucas 22:7-13; Marcos 14:12-16 (despois da posta do Sol: 14 de nisán) Lucas 22:14-65

Domingo 13 de abril

Ofrendando o seu propio sangue, non o sangue de carneiros ou de becerros, entrou dunha vez para sempre no santuario e, deste xeito, conseguiu unha redención definitiva (Heb. 9:12).

Despois de resucitar, Xesús entrou no Santísimo do templo espiritual. Podemos ver claramente a superioridade do sistema de Xehová para a adoración pura que se basea no sacrificio de rescate e no sacerdocio de Xesucristo. O sumo sacerdote de Israel entraba co sangue de animais nun Santísimo construído por homes. Pero Xesús “entrou no ceo”, o lugar máis santo de todos, para presentarse ante Xehová. Alí foi onde ofreceu o valor da súa vida humana perfecta por todos nós para “acabar co pecado” (Heb. 9: 24-26). Independentemente de se temos esperanza terreal ou celestial podemos adorar a Xehová no seu templo espiritual. w23.10 páx. 28 pars. 13, 14

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 14 de nisán) Lucas 22:66-71

Luns 14 de abril

Acheguémonos, con liberdade ó trono da bondade inmerecida (Heb. 4:16).

Reflexiona en todo o que Xesús fai por nós dende o ceo como Rei e Sumo Sacerdote compasivo. Por medio del podemos acercarnos en oración “ó trono” da bondade inmerecida de Deus e pedirlle misericordia e axuda “no seu debido tempo” (Heb. 4:14, 15). Que non pase un día sen que pensemos en todo o que Xehová e Xesús fixeron e fan por nós. O amor que nos teñen debería conmovernos moito e impulsarnos a servir a Xehová con tódalas nosas forzas (2 Cor. 5:14, 15). Unha das mellores maneiras de demostrar o agradecidos que estamos é axudándolles a outros a facerse testemuñas de Xehová e discípulos de Xesús (Mat. 28:19, 20). O apóstolo Paulo fixo exactamente iso. El sabía que Xehová “quere que tódolos homes se salven e cheguen ó coñecemento da verdade” (1 Tim. 2:3, 4). w23.10 páxs. 22-23 pars. 13, 14

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 15 de nisán) Mateo 27:62-66

Martes 15 de abril

A morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor (Apoc. 21:4).

Moitos de nós utilizamos estas animadoras palabras sobre como será a vida no Paraíso cando lles predicamos a outros. Como lles podemos asegurar a outros, e a nós mesmos, que as bendicións que se describen en Apocalipse 21:3, 4 se farán realidade? Xehová non só nos fixo esta marabillosa promesa para o futuro, senón que tamén nos deu razóns de peso para crer nela. Nos seguintes versículos encontramos algunhas razóns para confiar na promesa de Xehová sobre o Paraíso. Alí lemos: “O que estaba sentado no trono dixo: ‘Vede que volvo novas tódalas cousas’. E mandóuseme: ‘Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade’. E seguiu dicindo: ‘Xa están renovadas: eu son o Alfa e o Omega, o Principio e a Fin’” (Apoc. 21:5, 6a). w23.11 páx. 3 pars. 3-5

Programa de lectura da Biblia para a Conmemoración: (durante o día: 16 de nisán) Lucas 24:1-12

Mércores 16 de abril

Exhorta tamén ós novos a seren asisados (Tito 2:6).

Un rapaz que aprendeu a pensar como Xehová demóstrao co tipo de roupa que escolle e coa súa forma de levar o pelo. A maioría dos que deseñan e promoven as novas tendencias da moda non respectan a Xehová e levan vidas inmorais. Por iso, ás veces, a roupa que deseñan é moi axustada ou fai que os homes parezan mulleres. Un rapaz que está aprendendo a ser un cristián maduro escolle a roupa que vai poñer guiándose polos principios bíblicos e polos bos exemplos que encontra na congregación. Pode preguntarse: “Demostran as miñas decisións que teño unha mente limpa e que respecto os demais? Fará a miña forma de vestir que os demais me crean se lles digo que son un servo de Xehová?” (1 Cor. 10:31-33). Un rapaz que ten capacidade de pensar non só se ganará o respecto dos irmáns e irmás, senón tamén o do seu Pai celestial. w23.12 páx. 26 par. 7

Xoves 17 de abril

O meu reino non é deste mundo; se deste mundo fose, os meus oficiais loitarían (Xoán 18:36).

No pasado “o rei do sur” atacou directamente o pobo de Xehová (Dan. 11:40, TNM). Por exemplo, durante a primeira metade do século XX, este “rei” meteu moitas testemuñas de Xehová no cárcere por manterse neutrais en asuntos políticos. Pola mesma razón, tamén botou das escolas algúns dos nosos rapaces. E máis recentemente, a lealdade dalgúns servos de Xehová que viven baixo o goberno deste “rei” púxose a proba de maneira máis sutil. De feito, durante as campañas electorais, pode que un cristián se sinta tentado a apoiar algún partido ou candidato político por encima doutro. Seguramente non chegue ó punto de votar, pero quizais na súa mente e no seu corazón sinta que un candidato ou partido político é mellor có outro. Que importante é que nos manteñamos totalmente neutrais tanto coas nosas accións coma cos nosos pensamentos e sentimentos (Xoán 15:18, 19). w23.08 páx. 12 par. 17

Venres 18 de abril

Bendito sexa Xehová, cada día coida de nós (Sal. 68:20 [68:19, TNM]).

Falando da nosa carreira pola vida, a Biblia dinos: “Correde, logo, de maneira que levedes premio” (1 Cor. 9:24). Xesús dixo que se pode chegar a “estar angustiado por comer en exceso e beber en exceso e polas preocupacións da vida” (Luc. 21:34, TNM). Este e outros textos poden axudarnos a identificar algúns axustes que quizais teñamos que facer para seguir correndo na carreira pola vida. Podemos estar seguros de que Xehová nos dará as forzas que necesitamos para ganar a carreira pola vida (Is. 40:29-31). Así que sigue correndo! Imita o apóstolo Paulo, que se esforzou ó máximo por conseguir o premio (Filip. 3:13, 14). Ninguén pode correr por ti, pero Xehová axudarache a chegar ata o final. Coa súa axuda serás capaz de levar as cargas que che corresponden e de desfacerte dos pesos innecesarios. Con Xehová ó teu lado, poderás aguantar e ganar esta carreira! w23.08 páx. 31 pars. 16, 17

Sábado 19 de abril

Honra a teu pai e a túa nai (Éx. 20:12).

Cando Xesús tiña 12 anos fora con seus pais a Xerusalén, pero cando volvían para a casa non se deron conta de que Xesús non ía con eles (Luc. 2:46-52). Era responsabilidade de Xosé e María asegurarse de que tódolos seus fillos os acompañasen. Pero cando finalmente o encontraron, María botoulle a el a culpa por quedar atrás. Xesús podería queixarse do inxusta que era esa situación, pero en vez diso respondeulles ós seus pais de maneira sinxela e respectuosa. Xosé e María “non entenderon a resposta” pero, aínda así, Xesús seguiu “baixo a súa autoridade”. Fáiseche difícil obedecer os teus pais cando se equivocan ou non te entenden? Nese caso, que che pode axudar? Reflexiona no que pensa Xehová sobre isto. A Biblia di que cando es obediente a teus pais, “isto é cousa agradable ó Señor” (Col. 3:20). Xehová sabe perfectamente que algunhas veces teus pais non te entenden e que quizais poñen normas que non son fáciles de obedecer, ou que ata parecen inxustas. Pero, se a pesar diso escolles obedecelos, farás moi feliz a Xehová. w23.10 páx. 7 pars. 5, 6

Domingo 20 de abril

Sexan pacíficos, xustos, amables con todo o mundo (Tito 3:2).

Quizais un compañeiro de escola diga que as testemuñas de Xehová deberiamos cambiar o noso punto de vista sobre a homosexualidade. Quizais sexa necesario que lle asegures que respectamos o dereito de cada un a tomar as súas propias decisións (1 Ped. 2:17). Despois poderías explicarlle o que di a Biblia sobre o tema e os beneficios que ten seguir as súas normas morais. Cando unha persoa nos di claramente que non está de acordo con nós, non debemos supoñer que sabemos o que pensa. Por exemplo, se un compañeiro de escola di que crer en Deus é ridículo, non deberías dar por sentado que cre firmemente na evolución e que sabe moito sobre o tema. En realidade, é probable que simplemente estea repetindo cousas que escoitou. Por exemplo, poderías mostrarlle a información que contén jw.org sobre a creación e incluso mandarlle un enlace. Quizais máis adiante estea disposto a falar sobre algún artigo ou vídeo que encontrou alí. Responderlles con respecto ós demais pode facer que queiran saber máis sobre o que di a Biblia. w23.09 páx. 17 pars. 12, 13

Luns 21 de abril

Ti, oh, Xehová, es bo e estás disposto a perdoar; o teu amor leal por tódolos que te chaman é inmenso (Sal. 86:5).

Podes ter a seguridade de que, incluso se cometes erros, Deus te seguirá usando e bendicindo sempre que fagas todo o que poidas por corrixir o teu camiño e continúes confiando nel (Prov. 28:13). Sansón non era perfecto, pero non se rendeu. Seguiu esforzándose por servir a Xehová incluso despois do erro que cometeu con Dalilah. E Deus non o abandonou, senón que o volveu usar de maneira moi especial. De feito, seguiuno considerando un home de fe extraordinaria, ata o punto de incluílo na lista de persoas fieis que aparece no capítulo 11 de Hebreos. Canto nos anima saber que o Deus ó que servimos é coma un Pai cariñoso que está desexando fortalecernos, especialmente cando necesitamos axuda. Igual ca Sansón, podemos pedirlle a Xehová: “Lémbrate de min, prégocho, e enfortéceme” (Xuí. 16:28). w23.09 páx. 7 pars. 18, 19

Martes 22 de abril

Estade moi pendentes da presenza do día de Xehová (2 Ped. 3:12).

Saber que o día de Xehová chegará pronto fai que deamos o mellor de nós para compartir as boas noticias con outros. Aínda así, ás veces pode darnos medo facelo. Por que? Porque quizais sintamos temor do que podería facernos ou pensar de nós a xente. Iso foi o que lle pasou a Pedro. Na noite na que xulgaron a Xesús, el non se identificou como discípulo seu e ata negou varias veces que o coñecía (Mat. 26:69-75). Pero este mesmo apóstolo, máis adiante, superou o seu temor ó home e puido dicir con convicción: “Non lles teñades medo nin vos asustedes” (1 Ped. 3:14). Estas palabras de Pedro asegúrannos que nós tamén podemos superar o temor ó home. Que pode axudarnos a vencer o temor ó home? O apóstolo Pedro escribiu: “Santificade o Cristo como Señor nos vosos corazóns” (1 Ped. 3:15, TNM). Para facer isto temos que meditar na posición que ten agora o noso Rei, Xesucristo, e no poderoso que é. w23.09 páxs. 27-28 pars. 6-8

Mércores 23 de abril

De inmoralidades que nin sequera se fale entre vós (Ef. 5:3).

Temos que seguir loitando para non caer nas “obras estériles das tebras” (Ef. 5:11). A experiencia demostra que canto máis se mire, se escoite ou se fale de cousas sucias e inmorais, máis fácil será facer o que está mal (Xén. 3:6; Sant. 1:14, 15). O mundo de Satanás intenta enganarnos facéndonos crer que o que Xehová di que é inmoral e sucio, en realidade, non está tan mal (2 Ped. 2:19). Unha das tácticas máis usadas por Satanás é confundir as persoas para que non sexan capaces de diferenciar o bo do malo (Is. 5:20; 2 Cor. 4:4). Por iso, non é de estrañar que moitas películas, programas de televisión e sitios de Internet promovan ideas que van en contra das xustas normas de Xehová. Satanás quere facernos pensar que estas prácticas e estilos de vida que están tan de moda actualmente son inofensivos (Ef. 5:6). w24.03 páx. 22 pars. 8-10

Xoves 24 de abril

Estes homes dan culto a un asomo, a unha sombra das realidades celestes (Heb. 8:5).

O tabernáculo era unha estrutura parecida a unha tenda de campaña que os israelitas levaban ó principio consigo cando se trasladaban dun lugar a outro. Usárono durante case 500 anos ata que se construíu un templo en Xerusalén (Éx. 25:8, 9; Núm. 9:22). O tabernáculo era o lugar principal de adoración dos israelitas, xa que alí era onde ofrecían os seus sacrificios (Éx. 29:43-46). Pero tamén representaba algo moi superior. Era “unha sombra das realidades celestes” e representaba o gran templo espiritual de Xehová. O apóstolo Paulo dixo que “todo isto [o tabernáculo] é un símbolo que se ten que aplicar ó momento actual” (Heb. 9:9). Así que, cando lles escribiu ós hebreos, o templo espiritual xa era unha realidade. De feito, empezou a existir no ano 29 n. e. Ese foi o ano no que Xesús se bautizou e comezou a servir como o “gran Sumo Sacerdote” no templo espiritual (Heb. 4:14; Feit. 10:37, 38). w23.10 páxs. 25-26 pars. 6, 7

Venres 25 de abril

Que todos saiban que sodes persoas razoables (Filip. 4:5).

Para poder seguir servindo a Xehová con alegría, necesitamos ser flexibles cando as cousas se poñen difíciles. Como podemos facelo? Debemos ser razoables para adaptarnos cando as nosas circunstancias persoais cambian e para respectar os puntos de vista e as decisións dos demais. Que calidades nos axudarán a ser razoables? A humildade e a compaixón. De Xehová dise que é “o Penedo”, ou roca, porque é firme e inamovible (Deut. 32:4). Pero ademais, tamén é razoable. A medida que as cousas van cambiando neste mundo, Deus segue adaptándose para conseguir que o seu propósito se cumpra. Xehová creounos á súa imaxe, así que nós tamén temos a capacidade de ser flexibles e adaptarnos cando as circunstancias da nosa vida cambian. Na Biblia poderemos atopar principios que nos axuden a tomar boas decisións, sen importar as dificultades ás que nos enfrontemos. O seu propio exemplo e os principios que nos deixou axúdannos a entender que, aínda que Xehová é “o Penedo”, tamén é razoable. w23.07 páx. 20 pars. 1-3

Sábado 26 de abril

Cando medran as coitas no meu peito, o teu consolo alégrame o espírito (Sal. 94:19).

Na Biblia, Xehová compárase a si mesmo cunha nai cariñosa (Is. 66:12, 13). Imaxina como unha nai coida con amor do seu neniño pequeno e se asegura de darlle todo o que necesita. Da mesma forma, cando nós sufrimos tamén podemos contar co amor de Xehová. El non deixa de querernos cando cometemos algún erro (Sal. 103:8, TNM). Os israelitas decepcionárono unha e outra vez pero, cando se arrepentiron, el expresoulles o enorme amor que lles tiña coas seguintes palabras: “Fuches ben querido ós meus ollos; fuches glorificado, o meu predilecto” (Is. 43:4, 5). O amor de Deus non cambiou. Incluso se cometemos erros graves, se nos arrepentimos e nos volvemos acercar a el, veremos que nos segue querendo. De feito, prométenos que nos perdoará con xenerosidade (Is. 55:7). E a Biblia di que cando Deus nos perdoa fai “vir tempos para recuperar as forzas e o ánimo” (Feit. 3:19). w24.01 páx. 27 pars. 4, 5

Domingo 27 de abril

A man de Xehová meu Deus estaba sobre min (Esd. 7:28).

Xehová pode axudarnos cando estamos pasando por probas. Por exemplo, cando pedimos o tempo libre que necesitamos para asistir a un congreso ou solicitamos un cambio no horario de traballo para estar en tódalas reunións de congregación, creamos unha oportunidade para ver a man de Xehová na nosa vida. E pode que nos sorprendamos do ben que saen as cousas. Como resultado, a nosa confianza en Deus farase máis forte. Esdras buscou humildemente a axuda de Xehová por medio da oración. Cada vez que se sentía desbordado polas responsabilidades que tiña que atender, Esdras oráballe a Xehová con humildade (Esd. 8:21-23; 9:3-5). A súa actitude motivou os que o rodeaban a apoialo e a imitar a súa fe (Esd. 10:1-4). Cando nos sintamos preocupados polas nosas necesidades materiais ou pola seguridade da nosa familia, dirixámonos con total confianza a Xehová en oración. w23.11 páx. 18 pars. 15-17

Luns 28 de abril

Abrahán creu en Xehová, que llo tivo en conta para a xustificación (Xén. 15:6).

Xehová non dixo que para que nos considere xustos teñamos que facer exactamente o mesmo que fixo Abrahán. De feito, hai moitas maneiras de demostrar coas nosas accións que realmente temos fe. Podemos darlles a benvida ós novos na congregación e axudarlles ós irmáns que o necesitan. Tamén temos que portarnos ben cos membros da nosa familia. Todo isto é algo que Xehová aproba e bendice (Rom. 15:7; 1 Tim. 5:4, 8; 1 Xoán 3:18). E, unha das formas máis importantes de demostrar que temos fe é predicando as boas noticias con entusiasmo (1 Tim. 4:16). Todos podemos deixar claro coas nosas accións que temos fe en que as promesas de Xehová se farán realidade e en que obedecelo é o mellor para nós. Se o facemos podemos ter a seguridade de que Xehová nos considerará xustos e nos verá como amigos seus. w23.12 páx. 2 par. 3; páx. 6 par. 15

Martes 29 de abril

Tes que ser valente e portarte coma un home (1 Reis 2:2).

Pouco antes de morrer, o rei David díxolle a Salomón as palabras mencionadas arriba (1 Reis 2:1, 3). Tódolos homes cristiáns fan ben en aplicar estas palabras. Para conseguilo deben aprender a obedecer as leis de Deus e a aplicar os principios bíblicos en tódolos aspectos da súa vida (Luc. 2:52). Por que é tan importante para os rapaces chegar a ser cristiáns maduros? Un varón cristián ten un papel moi importante tanto na familia coma na congregación. Se es un irmán xove seguro que pensaches nas responsabilidades que poderías ter no futuro. Quizais teñas a meta de chegar a ser pioneiro, servo ministerial e, máis tarde, ancián de congregación. E ó mellor tamén che gustaría casar e ter fillos (Ef. 6:4; 1 Tim. 3:1, TNM). Para alcanzar todos eses obxectivos, e que che vaia ben, necesitas ser un cristián maduro. w23.12 páx. 24 pars. 1, 2

Mércores 30 de abril

Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón (Heb. 11:32).

Ós anciáns cristiáns encargóuselles a responsabilidade de servir os seus irmáns e irmás. Estes homes fieis valoran moito que Xehová confíe neles para coidar das súas ovelliñas e traballan duro para ser “pastores que as apacenten” (Xer. 23:4; 1 Ped. 5:2). Que agradecidos estamos de ter homes así nas congregacións! Os anciáns poden aprender moito do exemplo do xuíz Guideón (Heb. 6:12). El protexeu e guiou o pobo de Deus (Xuí. 2:16; 1 Crón. 17:6). Igual que a Guideón, ós anciáns encargóuselles coidar do pobo de Xehová durante tempos moi difíciles (Feit. 20:28; 2 Tim. 3:1). Guideón tamén é un exemplo de modestia, humildade e obediencia. Ademais, as tarefas das que tivo que encargarse puxeron a proba o seu aguante. Aínda que non sirvamos como anciáns, podemos aumentar o noso agradecemento polo que eles fan e apoiar estes homes tan traballadores e espirituais (Heb. 13:17). w23.06 páx. 2 par. 1; páx. 3 par. 3

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir