Domingo 20 de abril
Sexan pacíficos, xustos, amables con todo o mundo (Tito 3:2).
Quizais un compañeiro de escola diga que as testemuñas de Xehová deberiamos cambiar o noso punto de vista sobre a homosexualidade. Quizais sexa necesario que lle asegures que respectamos o dereito de cada un a tomar as súas propias decisións (1 Ped. 2:17). Despois poderías explicarlle o que di a Biblia sobre o tema e os beneficios que ten seguir as súas normas morais. Cando unha persoa nos di claramente que non está de acordo con nós, non debemos supoñer que sabemos o que pensa. Por exemplo, se un compañeiro de escola di que crer en Deus é ridículo, non deberías dar por sentado que cre firmemente na evolución e que sabe moito sobre o tema. En realidade, é probable que simplemente estea repetindo cousas que escoitou. Por exemplo, poderías mostrarlle a información que contén jw.org sobre a creación e incluso mandarlle un enlace. Quizais máis adiante estea disposto a falar sobre algún artigo ou vídeo que encontrou alí. Responderlles con respecto ós demais pode facer que queiran saber máis sobre o que di a Biblia. w23.09 páx. 17 pars. 12, 13
Luns 21 de abril
Ti, oh, Xehová, es bo e estás disposto a perdoar; o teu amor leal por tódolos que te chaman é inmenso (Sal. 86:5).
Podes ter a seguridade de que, incluso se cometes erros, Deus te seguirá usando e bendicindo sempre que fagas todo o que poidas por corrixir o teu camiño e continúes confiando nel (Prov. 28:13). Sansón non era perfecto, pero non se rendeu. Seguiu esforzándose por servir a Xehová incluso despois do erro que cometeu con Dalilah. E Deus non o abandonou, senón que o volveu usar de maneira moi especial. De feito, seguiuno considerando un home de fe extraordinaria, ata o punto de incluílo na lista de persoas fieis que aparece no capítulo 11 de Hebreos. Canto nos anima saber que o Deus ó que servimos é coma un Pai cariñoso que está desexando fortalecernos, especialmente cando necesitamos axuda. Igual ca Sansón, podemos pedirlle a Xehová: “Lémbrate de min, prégocho, e enfortéceme” (Xuí. 16:28). w23.09 páx. 7 pars. 18, 19
Martes 22 de abril
Estade moi pendentes da presenza do día de Xehová (2 Ped. 3:12).
Saber que o día de Xehová chegará pronto fai que deamos o mellor de nós para compartir as boas noticias con outros. Aínda así, ás veces pode darnos medo facelo. Por que? Porque quizais sintamos temor do que podería facernos ou pensar de nós a xente. Iso foi o que lle pasou a Pedro. Na noite na que xulgaron a Xesús, el non se identificou como discípulo seu e ata negou varias veces que o coñecía (Mat. 26:69-75). Pero este mesmo apóstolo, máis adiante, superou o seu temor ó home e puido dicir con convicción: “Non lles teñades medo nin vos asustedes” (1 Ped. 3:14). Estas palabras de Pedro asegúrannos que nós tamén podemos superar o temor ó home. Que pode axudarnos a vencer o temor ó home? O apóstolo Pedro escribiu: “Santificade o Cristo como Señor nos vosos corazóns” (1 Ped. 3:15, TNM). Para facer isto temos que meditar na posición que ten agora o noso Rei, Xesucristo, e no poderoso que é. w23.09 páxs. 27-28 pars. 6-8