Eclesiastés
12 Doce é o sono do traballador, sexa que coma pouco ou moito, pero a abundancia do rico non o deixa durmir. 18 Isto é o que eu vin que é bo e apropiado: que unha persoa coma e beba, e desfrute de todo o duro traballo no que tanto se esforza baixo o sol durante os poucos días de vida que o Deus verdadeiro lle deu, pois esa é a súa recompensa. 19 Ademais, cando o Deus verdadeiro lle dá a un home riquezas e posesións, e tamén a capacidade de desfrutalas, este debe aceptar a súa recompensa e desfrutar do seu duro traballo. Iso é un regalo de Deus.