BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1986-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
Anuncio
Novos idiomas dispoñibles: Hutterite German, Olunyole, Punjabi (Shahmukhi) Roman
  • Hoxe

Martes 2 de xuño

O home piadoso para si mesmo é bo, o cruel a si mesmo se dana (Prov. 11:17).

Non podemos controlar o que outros nos din ou nos fan, pero si que podemos intentar controlar a nosa resposta, e normalmente o mellor é perdoar. Por que? Porque amamos a Xehová e el quere que perdoemos. Se seguimos estando enfadados e non perdoamos é probable que fagamos algunha parvada e que incluso danemos a nosa saúde (Prov. 14:17, 29, 30). Cando deixamos de estar resentidos non permitimos que a amargura lle afecte á nosa maneira de tratar os demais. Tamén é bo para nós, porque deixamos de pensar no asunto e volvemos a desfrutar da vida. Como podemos deixar de estar enfadados ou ofendidos? Unha maneira é dándonos un tempo para curar. Despois de recibir un tratamento médico, unha persoa que foi ferida de gravidade necesita tempo para recuperarse. De maneira parecida, necesitamos un tempo para recuperarnos en sentido emocional antes de poder perdoar alguén de todo corazón (Ecl. 3:3; 1 Ped. 1:22). Óralle a Xehová pedindo que che axude a perdoar. w25.02 páxs. 16-17 pars. 8-11

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026

Mércores 3 de xuño

O alimento sólido é para persoas espiritualmente maduras (Heb. 5:14).

Algunhas ensinanzas básicas son o arrepentimento, a fe, o bautismo e a resurrección (Heb. 6:1, 2). Estas ensinanzas son a base do cristianismo. Por iso o apóstolo Paulo falou delas cando lle predicou a unha multitude no Pentecostés (Feit. 2:32-35, 38). Para chegar a ser discípulos de Cristo temos que aceptar estas ensinanzas. Por iso, Paulo escribiu que quen non cre na resurrección non pode dicir que é un cristián verdadeiro (1 Cor. 15:12-14). Pero, se queremos ser maduros en sentido espiritual, non debemos conformarnos con saber as verdades básicas. A diferenza destas, o alimento espiritual sólido non só inclúe as leis de Xehová senón tamén os seus principios. Estes axúdannos a entender a súa maneira de pensar. Para beneficiarnos dese alimento temos que estudar a Biblia, meditar no que aprendemos e despois esforzarnos ó máximo por aplicalo. Se o facemos, aprenderemos a tomar decisións que lle gusten a Xehová. w24.04 páx. 5 pars. 12, 13

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026

Xoves 4 de xuño

Os habitantes de Nínive resucitarán no Día do Xuízo (Mat. 12:41).

Deus recordoulle a Xonás que os ninivitas nin sequera sabían distinguir o que estaba ben do que estaba mal (Xon. 1:1, 2; 3:10; 4:9-11). Máis adiante, Xesús usou este exemplo para ensinar unha lección sobre a misericordia e a xustiza de Xehová. Que significa que os ninivitas resuciten “no Día do Xuízo”? Como vimos, Xesús dixo que haberá unha “resurrección de condena”, ou de xuízo (Xoán 5:29). Estábase referindo ó que ocorrerá durante o seu Reinado de Mil Anos, no que haberá “unha resurrección tanto de xustos coma de inxustos” (Feit. 24:15). Para os inxustos esta será unha “resurrección de condena”, ou de xuízo. Por que dicimos isto? Porque Xehová e Xesús observarán e xulgarán o comportamento destas persoas e se poñen en práctica o que aprenden. Se un ninivita que resucite rechaza adorar a Xehová, el non deixará que siga vivindo (Is. 65:20). Pero tódolos que escollan servir a Deus fielmente terán a oportunidade de vivir para sempre (Dan. 12:2). w24.05 páx. 5 pars. 13, 14

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir