-
Agradece o regalo da vidaDesfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
5. Respecta a vida dos bebés que aínda non naceron
De maneira poética, David falou de canto lle importa a Xehová a vida e o crecemento dun bebé que aínda non naceu. Lede Salmo 139:13-17 e logo comentade esta pregunta:
Para Xehová, cando empeza unha vida? Cando se concibe ou cando nace o bebé?
A lei que Xehová lle deu ó pobo de Israel protexía a vida da nai e tamén a do bebé que aínda non nacera. Lede Éxodo 21:22, 23, TNM e logo comentade estas preguntas:
Como ve Xehová a unha persoa que accidentalmente acaba coa vida dun bebé que aínda non naceu?
Como se sentiría se alguén o fai intencionadamente?b
Que pensas do punto de vista de Deus?
Nalgúns casos, incluso unha muller que valora o regalo da vida podería chegar a pensar que o aborto é a súa única opción. Lede Isaías 41:10 e logo comentade estas preguntas:
Se unha muller sente presión para abortar, a quen debería pedirlle axuda? Por que?
-
-
Agradece o regalo da vidaDesfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
b Se alguén decidiu abortar no pasado, non ten por que estar atormentado pola culpa. Xehová pode perdoalo. Para máis información, consulta o artigo “Que di a Biblia sobre o aborto?” que aparece na sección Investiga desta lección.
-