BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1986-2027)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Xoves 3 de setembro

O que xulga a terra enteira, non vai facer xustiza? (Xén. 18:25).

Podemos estar totalmente seguros de que cando Xehová xulga as persoas sempre toma a decisión correcta. Como moi ben entendía Abrahán, Xehová, “o que xulga a terra enteira”, é perfecto, sabio e misericordioso. El capacitou o seu Fillo e delegou nel a responsabilidade de xulgar as persoas (Xoán 5:22). Os dous saben o que cada persoa ten no corazón (Mat. 9:4). Así que non hai dúbida de que sempre farán o que é xusto! Estamos resoltos a confiar en Xehová e en tódalas súas decisións. Sabemos que nós non estamos capacitados para xulgar, pero el si (Is. 55:8, 9). Por iso queremos que sexan Xehová e seu Fillo os que xulguen tódalas cousas. Ademais sabemos que o noso Rei, Xesús, imitará á perfección a xustiza e a misericordia de seu Pai (Is. 11:3, 4). w24.05 páx. 7 pars. 18, 19

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026

Venres 4 de setembro

Xehová aborrece o perverso, e reserva a súa intimidade para os honrados (Prov. 3:32).

Podemos aprender o importante que é ter un corazón sincero ó pensar no que pasou cando Felipe levou a Natanael para que coñecese a Xesús. Aínda que Xesús non o vira nunca, dixo: “Aí tedes un verdadeiro israelita, en quen non hai dobrez” (Xoán 1:47). O Fillo de Deus viu que Natanael era especialmente sincero. Claro, igual ca nós, Natanael era imperfecto, pero non había nada de engano nin hipocrisía nel. Isto chamoulle a atención a Xesús, por iso o felicitou. A maioría dos requisitos para agradar a Xehová que se enumeran no Salmo 15 teñen que ver con como tratamos os demais. O Salmo 15:3 di que quen é hóspede na tenda de Xehová “non calumnia coa súa lingua; [...] non lle fai mal ó veciño e non difama ó seu próximo”. Usar mal a nosa fala de calquera destas formas pode facerlles moito dano a outros (Sant. 1:26). w24.06 páx. 10 pars. 7, 9; páx. 11 par. 10

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026

Sábado 5 de setembro

Señor, incluso os demos nos obedecen cando usamos o teu nome (Luc. 10:17).

Se te preparas ben para a predicación, probablemente te sentirás máis cómodo cando teñas que falar con outros. Antes de enviar os seus discípulos a predicar, Xesús axudoulles a prepararse (Luc. 10:1-11). Como eles puxeron en práctica o que o seu Mestre lles ensinara, conseguiron bos resultados. E isto fixo que sentisen moita alegría. Como podemos prepararnos para predicar? Temos que pensar no que queremos dicir, e despois expresalo de maneira natural nas nosas propias palabras. Tamén nos pode axudar pensar de antemán en dúas ou tres obxeccións comúns na nosa zona e en como podemos responder en cada caso. Despois, cando falemos coas persoas, intentemos relaxarnos, sorrir e ser amigables. w24.04 páx. 16 pars. 6, 7

Analicemos as Escrituras tódolos días 2026
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2026 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir