Os Salmos
(75:1) Do mestre do coro, segundo “Non destrúas”. Salmo, de Asaf, cántiga.
75 (75:2) Dámosche as gracias, Deus, dámosche as gracias,
invocámo-lo teu nome
e contámo-las túas marabillas.
2 (75:3) Cando eu determine a hora,
xulgarei con rectitude.
3 (75:4) Se treme a terra e quen a habita,
eu sosteño as súas columnas.
4 (75:5) Eu aviso ós soberbios: —“Non runfedes”,
e ós malvados: —“Non ergáde-la testa;
5 (75:6) non ergáde-la testa ás alturas,
non faledes con gorxa insolente”.
6 (75:7) Non vén do nacente nin do poñente,
nin do deserto o que ergue;
7 (75:8) Deus é quen goberna:
el abate a un e exalta a outro.
8 (75:9) Na man do Señor hai unha cunca
chea de viño velenoso.
Dela dá a beber ata as borras,
beberán dela tódolos malvados.
9 (75:10) Eu proclamarei por sempre,
cantarei ó Deus de Israel.
10 (75:11) El romperá a testa dos malvados,
mentres se ergue a cabeza dos xustos.