Xoves 23 de abril
Cristo Xesús veu ó mundo para salvar os pecadores (1 Tim. 1:15).
Imaxina que lle regalas algo moi bonito e práctico a alguén a quen queres. Que mal te sentirías se esa persoa simplemente gardase o teu regalo nun caixón e non volvese a mirar para el. Pero canto che gustaría que o utilizase e che dese as grazas por el. Cal é a idea? Xehová deu o seu Fillo para que morrese por nós. Que feliz se debe sentir cando ve que demostramos o noso aprecio por ese precioso regalo e polo seu amor, que foi o que o motivou a dar o rescate (Xoán 3:16; Rom. 5:7, 8). Co paso do tempo, poderiamos empezar a dar por sentado o rescate. Quizais nos alegramos de telo pero non pensamos moito nel. Isto sería como gardar este agasallo de Deus nun caixón. Para evitar que isto nos pase, debemos pensar a miúdo en todo o que Deus e Cristo fixeron por nós. w25.01 páx. 26 pars. 1, 2
20-26 DE ABRIL
ISAÍAS 54-55
Canción sjj 86 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Canto estás disposto a sacrificar?
(10 min)
Xehová prometeu ensinarlles ós seus fillos (Is 54:13; w09 15/9 páx. 21 par. 3-mwbr).
Temos que comprar a verdade co noso tempo (Is 55:1, 2; w18.11 páx. 4 pars. 6, 7-mwbr).
Escoitar a Xehová con atención require esforzo pero paga a pena (Is 55:3; be páx. 14 pars. 3-5-mwbr).
PREGÚNTATE: “Como podo mellorar os meus hábitos de estudo?”.
2. Xoias espirituais
(10 min)
Is 54:17. Que predixo a Biblia sobre a adoración pura no noso tempo? (w24.02 páx. 4 par. 10)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Is 54:1-10 (th aspecto da oratoria 11).
4. Comeza conversas
(2 min) DE CASA EN CASA. Comparte unha das verdades do apéndice A do folleto Facer discípulos (lmd lección 1 punto 4).
5. Comeza conversas
(2 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Comparte unha das verdades do apéndice A do folleto Facer discípulos (lmd lección 2 punto 3).
6. Cultiva o interese
(2 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Dálle á persoa unha tarxeta de contacto (lmd lección 9 punto 3).
7. Discurso
(5 min) w24.11 páx. 31 pars. 1-6. Título: “Que che pode axudar a estudar cada semana” (th aspecto da oratoria 14).
Canción sjj 97
8. Que os obstáculos non che impidan facer o teu estudo persoal
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Hai moitas cousas que nos poden impedir ter unha boa rutina de estudo persoal. Imaxina que intentas animar un irmán que se está esforzando por ter bos hábitos de estudo e por ler a Biblia diariamente. Entón cóntache os obstáculos ós que se enfronta. Para cada un deles escribe polo menos unha idea, un principio bíblico ou unha referencia dunha publicación que lle poida axudar.
“Non sei ler ben”
“Non me gusta estudar”
“Non sei por onde comezar a ler a Biblia ou canto ler cada día”
“Hai tanta información! Non sei que estudar cada semana”
“Teño tantas cousas que facer que non sei de onde sacar tempo”
“Cústame concentrarme e ás veces non lembro nin o que acabo de ler”
Pon o VÍDEO Como tirar proveito do estudo persoal, e a continuación fai a seguinte pregunta:
Que ideas do vídeo che resultaron máis interesantes?
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) lfb capítulos 78 e 79.